Un servizo para quen sabe que delegar tamén é coidarse.
Non cargues con bolsas pesadas. Levamos o saco á túa porta, enchelo en segundos e devolvémosche a roupa impecable, dobrada e cun aroma exquisito. Hakuna Matata.
DELEGAR AGORA"Un servizo incrible. Veñen co seu propio saco, énchelo nun segundo e despreocúpaste. A roupa volve cun arrecendo estupendo e perfectamente dobrada."
"Levo tres meses usando o servizo e Alba é incrible. Coida cada detalle con moitísimo esmero. A roupa sempre perfecta e os horarios cúmprense ao pé da letra."
"Alba é desas persoas ás que se lles nota que lles importa DE VERDADE. Todo impecable, perfectamente dobrado, e respecta o teu tempo coma ninguén. Moi recomendable."
Facilitámosche o saco oficial de A Colada. Sen pesar, sen complicacións: se pecha, entra no prezo.
Recollida rápida no teu domicilio. Coordinámonos contigo por WhatsApp para non facerche perder tempo.
En 48–72 h devolvémosche a roupa lista para gardar. Lavada, seca e perfectamente dobrada.
Un saco semanal. Ideal para persoas que viven soas ou parellas con pouco tempo.
Total: 4 lavados ao mes
Dous sacos semanais. Pensado para familias que queren esquecerse da colada.
Total: 8 lavados ao mes
O noso servizo místico para quen precisa solucións a gran escala: negocios, hostalaría ou comunidades.
Necesitas pasar o ferro? Engade as prendas nos comentarios de Stripe ao pagar ou cóntanolo cando recollamos o saco.
O servizo de pasar o ferro págase cando che entreguemos a roupa.
Delegar é coidarse.
Ofrecemos recollida e entrega gratuítas nun raio de 15 km desde o noso centro en Ourense Capital. Chegamos a todos os barrios e localidades próximas para coidar a túa colada como merece.